Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interésase no Parlamento galego polas axudas da Xunta dirixidas a fomentar a agrupación voluntaria de propietarios forestais

O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, interesarase no Parlamento galego polas axudas dirixidas a fomentar a agrupación voluntaria de propietarios forestais. Con este obxecto interpelará ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás José Fernández-Couto Juanas.

O parlamentario lembra que actual Goberno galego presentaba na pasada lexislatura as denominadas como Sociedades de Fomento Forestal, coñecidas polo seu acrónimo: <>.Trátase dunha figura societaria, de carácter voluntario e baseada no dereito privado, orientada á ordenación forestal a partir dun modelo de xestión conxunta e sostible que posibilite unha maior posta en valor do noso monte.

FREO Á ATOMIZACIÓN E MINIFUNDISMO
Balseiro sinala que as agrupacións voluntarias de propietarios forestais ofrecen unha solución aos problemas derivados do minifundismo e da atomización que caracterizan aos montes galegos, que na súa meirande parte están en mans de 672.000 propietarios. Este feito frea o aproveitamento da riqueza dos nosos montes, problemática que ten nas SOFOR e outras figuras similares unha solución realista.

MÁIS RENDEMENTO, MELLOR APROVEITAMENTO
A Xunta de Galicia promove a través de distintos apoios á constitución e funcionamento destas agrupacións habilitar unha ferramenta xurídica para a obtención dun mellor rendemento, baseado no aproveitamento dos recursos dos montes e a creación de emprego no rural, dous obxectivos principais do actual Goberno galego.

Balseiro sinala ademais que as SOFOR e outras figuras similares teñen ademais, un carácter voluntario, fronte á condición de forzosa que presentaban as UXFOR (unidades de xestión forestal) do bipartito, hoxe suprimidas.

Exit mobile version