Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros acolle o domingo a II Carreira de Relevos Ría do Masma

Este domingo 5 de xullo a partir das 10.30 horas celebrarase unha carreira popular, nun formato pouco tradicional e único na Mariña lucense e Occidente asturiano. Trátase da II Carreira de relevos Ría do Masma que se desenvolverá dende o campo de fútbol do Cascabeiro, en Barreiros, con circuítos infantís (a partir das 11.30 horas) e de adultos (10.30 horas).

Trátase dunha carreira de relevos, na que os equipos deberán estar compostos por 4 membros. Haberá categorías masculina, feminina e mixta. En nenos establécense, así mesmo, 3 categorías por idades.

Os percorridos na categoría adulta serán de 4 postas de 8.000 m cada unha, mentres que nas categorías infantís serán de 200 m, 400 m e 700 m cada posta segundo as idades.

As categorías infantís serán gratuítas, mentres que a categoría adulta terá un custo de 10 € por participante, o que dará dereito a seguro de accidentes, avituallamento ó remate da carreira e comida final no Café Bar Moderno de Barreiros.

Os interesados en participar ou recibir máis información, poderán facelo no teléfono 982 124 085 ou no propio Café Bar Moderno, organizador da proba.

As inscricións estarán abertas ata media hora antes das carreiras aínda que nas categorías de adultos se recomenda inscribirse previamente.

Os acompañantes tamén poderán participar na comida post-carreira ó prezo de 10 € adultos ou 5 € para @s nen@s ata 12 anos.

Exit mobile version