Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela contará cun novo vehículo para a Policía Local e un remolque para emerxencias

Burela, 1 de xuño de 2015. Burela contará cun novo vehículo para a Policía Local e cun remolque para emerxencias destinado a Protección Civil. Será grazas ás subvenciones que lle ven de conceder a Xunta ao Concello, segundo anunciou este mediodía o alcalde en funcións, José Mª González Barcia.

O rexedor contou que “a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, ven de conceder dúas subvencións ao Concello de Burela: unha delas consistente nun vehículo tipo turismo para a Policía Local; e a outra, un remolque para emerxencias destinado a Protección Civil. Deste xeito o Concello de Burela mellora e completa as súas dotacións, tanto en vehículos como en material destinado a emerxencias. Evidentemente o Concello terá que dar de baixa un dos vehículos que agora mesmo posúe, porque senón sinceramente íamos ter un parque móbil demasiado amplo para o que somos”.

González Barcia considera que “un novo vehículo para a Policía Local é importante, porque trae máis dotación e equipamento que o que tíñamos anteriormente. E sobre o remolque para emerxencias convén recordar que xa hai aproximadamente 15 anos comprárase un, que evidentemente por mor do seu uso xa está un pouco deteriorado; polo tanto o novo que ven vai significar unha mellora importante con respecto ao material que para Protección Civil tiña o Concello de Burela e a agrupación de voluntarios”.

Exit mobile version