Site icon Crónica3.com A Mariña

Burgo de Trasbar celebra o San Xoán este sábado

Trasbar, 18 de xuño de 2015.- Este sábado, día 20 de xuño, nos arredores do Local Social de Trasbar, está previsto realizar unha pancetada/chourizada, así como a elaboración dunha fogueira, que se prenderá para que todos os presentes “saltemos o lumiño de San Xoán”.

Antes diso, ás 19.00 h, contamos cunha sesión de maxia a cargo do mago Senín, dentro do local social de Trasbar.
A esta xuntanza, poderán asistir socios/as e non socios/as, establecéndose, como é lóxico, dous prezos distintos: a ración de panceta será a 2 euros pra socios e a 3 para non socios, mentres que a de chourizo será a 1,50 para socios e 2,50 para non socios.

Exit mobile version