Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia reduce en máis dun 20% o custe do persoal político do Concello de Mondoñedo

Mondoñedo, 26 de xuño de 2015- A alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, reduce en máis dun 20% o custe do persoal político da institución local.

A proposta do equipo de goberno aprobarase o luns no pleno de organización, previsto para as 9:00 horas. Co obxecto de explicarlles os asuntos que se tratarán nesta sesión, a alcaldesa convocou esta mañá aos representantes do PSOE e do BNG.

Aprobaranse tres dedicacións parciais para os responsables das áreas de Cultura, Turismo e Medio Ambiente; Facenda e Benestar; e Servizos, Urbanismo e Obras

Rexeneración democrática
No pleno do luns tamén se aprobarán propostas que implicarán unha rexeneración democrática e que permitirán conseguir unha administración “máis áxil e viva”.

Así intensificarase a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno local, que se celebrarán unha vez por semana; mentres que as sesións ordinarias do pleno da corporación convocaranse unha vez ao mes.

No pleno de organización do luns tamén se aprobarán os nomeamentos aos representantes dos colexios e da mancomunidade; a maiores de constituírse a composición das comisións informativas, coa previsión de que a posteriori se crearán máis.

Exit mobile version