Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre educación sexual no IES Perdouro de Burela, co Dr. Cristóbal R. Garfia

GarfiaBurela, 11 de xuño de 2015.- Cristobal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, estivo este mércores no IES Perdouro para impartir unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 1º de Bach. do centro burelés.

O alumnado ampliou os seus coñecementos adquiridos en clase de Bioloxía grazas a intervención de Cristobal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír á educación afectivosexual dos adolescentes e a informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. Como cada ano, o xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento.

A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión sexual asi como embarazos non desexados.

Exit mobile version