Site icon Crónica3.com A Mariña

Choiva de trofeos na popular de Valdepares para os atletas das ED Lourenzá Mondoñedo

valdeparesO domingo 21 de xuño a sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo disfrutaba dunha nova popular: a tradicional carreira do Corpus da localidade asturiana de Valdepares.

Os máis pequenos fixéronse con 8 podios e outros tantos trofeos.

Prebenxamín feminino: Henar Méndez – 1ª Clasificada.

Benxamín feminino: Iria Rodríguez – 2ª Clasificada.

Benxamín masculino: Ian Méndez – 3º Clasificado.

Alevín Masculino: Hugo Villalba – 3º Clasificado.

Infantil Feminino: Ainara Rodríguez – 2ª Clasificada- e Claudia Graña – 3ª Clasificada-.

Cadete Masculino: Pablo Irimia – 3º Clasificado.

Junior Feminino: Carmen López – 2ª Clasificada.

Atletismo Lourenzá (séniors):
Marisa Ares (segunda da categoría e cuarta da xeral) e Loli Piñeiro (terceira da categoría e sexta da xeral) subíronse ó podio na categoría feminina.

Nas categorías masculinas, Martín Pardiñas alcanzaba a meta na segunda posición da súa categoría sendo sétimo da xeral. Marcos Rodríguez era quinto da categoría e noveno da xeral; mentres que Álex Villalba marcaba o sexto mellor tempo da categoría e o décimo da xeral.

Exit mobile version