Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausuradas as Escolas Deportivas de Barreiros 14/15

edbarreirosEste xoves 4 de xuño celebrouse en Barreiros a Clausura das Escolas Deportivas de Barreiros na súa Tempada 2014 – 2015, na que participaron de outubro a maio máis de 165 alumnos (50 adultos e 115 nen@s), nas 8 modalidades deportivas ofertadas: fútbol sala, atletismo, tenis de mesa, patinaxe, xogos predeportivos, natación para idades infantís e ximnasia de mantemento e aeróbic para adultos.

A clausura tivo lugar no pavillón municipal de Barreiros e comezou ás 18.30 horas coa exhibición de Patinaxe Artístico a cargo d@s alumn@s desta sección deportiva, e a continuación disputouse un partido de fútbol sala categoría biberón – prebenxamin.

A partir das 20.00 horas tivo lugar o acto de clausura oficial das E.D. Barreiros coa entrega da revista de actividades da temporada e medallas a todos os nenos participantes e unha merenda final na que participaron todos os asistentes.

Dende as E.D. Barreiros agradecemos a colaboración que ano tras ano nos prestan os centros educativos: Ceip San Cosme, San Miguel así como da oficina de Información Xuvenil.

Exit mobile version