Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez gaña o Concurso de Emprendeduría da Universidade Politécnica de Catalunya

cristobal-rdguez-enxeñeriaO pentatleta viveirense Cristóbal Rodríguez vén de proclamarse vencedor do Concurso de Emprendeduría da Universidade Politécnica de Catalunya co proxecto “EasyRendenador.

Este galardón valeulle, a el e ó seu compañeiro tamén Enxeñeiro de Edificación, para contar co pleno apoio da UPC para desenvolver técnica e empresarialmente dito proxecto para o que lles cederon un despacho na propia universidade.

Rodríguez e o seu compañeiro atópanse moi satisfeitos e non so se centran nos deseños por Render senón que tamén deseñan e imparten formación en “Sketchup” e tecnoloxía BIM -un modelo integrado de formación para a construción-.

Rodríguez, que ademais posúe un Máster en Publicidade e Marketing, será o encargado de desenvolver a promoción do proxecto que non se limitará só ao deseño. Os futuros clientes poderán ver en 3D e 6D como quedarían as reformas da súa casa, oficina ou piso nunha “visita virtual” antes de ser acometidas.

Exit mobile version