A programación iniciase ás 11.00 horas coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama, sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica.
A continuación haberá unha visita guiada os museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Tratase dun prato de Pablo Picasso dunha edición numera de 60 unidades, realizado nos talleres Maura da Costa Azul, así coma dúas placas de cerámica de Pablo Picasso tamén numeradas, sobre a tauromaquia.
E no apartado da historia da cerámica do norte galego, un prato da época verde de Sargadelos datado de 1898.
A continuación a programación inclúe a elaboración dunhas pezas de cerámica e unha cocción de Raku. E como final de xornada haberá un xantar de irmandade no propio recinto de Regal Xunqueira, e tamén música.
A asistencia é gratis, no caso do xantar cada participante deberá aportar para a comida.