Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous infantís do Club Balonmán Viveiro, preseleccionados para a tecnificación 2015

brunoBruno López Cora e Xosé Ramallal Castro, xogadores en idade infantil do Clube Balonmán Viveiro, foron seleccionados -xunto a outros 34 xogadores, pola Federación Galega de Balonmán para o proxecto de tecnificación 2015.

Desta concentración sairá a vindeira selección galega da categoría; polo que, dende o club, aseguran que “aínda que se trata dunha preselección, non deixa de ter importancia que dous xogadores da nosa base, sexan tidos en conta para a mesma dado o nivel do balonmán galego e, en especial, na provincia de Pontevedra.

Exit mobile version