Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas viveirenses premiadas na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas

Dúas nenas de Viveiro foron premiadas na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2015. As galardoadas, que obtiveron os seus premios na modalidade de debuxo, son Emma Rego Eiroa -categoría B (9-11 anos)- e Sara González Vázquez –categoría C (12-16 anos); recollerán os seus premios este venres, 26 de xuño de 2015, ás 18.00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Nodal de Lugo.

Tanto a Concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, coma alcaldesa, María Loureiro, felicitan “publicamente a Emma e a Sara polo premio recibido na fase provincial do certame das Letras Galegas, ao que accederon despois de gañar na modalidade e categorías referidas, o certame organizado pola Biblioteca Pública de Viveiro”.

Exit mobile version