Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia vende o luxoso coche oficial de Gómez Besteiro

Lugo 30 de xuño de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia anunciou na tarde deste martes que sacará a subasta o coche oficial de Gómez Besteiro para destinar o recadado a fins sociais.

“Comezamos unha nova maneira de facer política, desfacéndonos dos gastos superfluos. A nosa bandeira é a da austeridade”- manifestou Candia, quen afirmou que é hora de ser transparentes e é tempo de solidariedade.

A popular lembra que este vehículo foi un derroche do ex presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, posto que lle custou aos lucenses106.000 euros.

A presidenta da Deputación considera un despropósito contar cun luxoso vehículo oficial, máxime na época na que vivimos, e opta por priorizar a atención dos máis necesitados e de tódolos veciños da provincia de Lugo.

Neste senso, a presidenta do Organismo provincial prescindirá dos luxos e priorizará actuacións necesarias tales coma o benestar dos lucenses.

Exit mobile version