Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores constitúese a nova Corporación Provincial da Deputación de Lugo

Lugo, 23 de xuño de 2015.- Este mércores 24 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, terá lugar a sesión de constitución da nova Corporación Provincial da Deputación de Lugo.

En primeiro lugar, comporase a Mesa de Idade, integrada polos Deputados Provinciais de maior idade, Jesús Carreira, e de menor, Pablo Rivera Capón, que a continuación xurarán ou prometerán o seu cargo. Tamén formará parte da Mesa o Secretario da institución, José Mourelle Cillero.

De seguido, será o acto de xuramento ou promesa dos restantes 23 Deputados Provinciais, declarándose constituída a nova Corporación Provincial da Deputación de Lugo, en conformidade co disposto no apartado 3º do Artigo 57 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Ao remate, e en aplicación do mencionado artigo, así como do 14.3 do Regulamento de Honras e Distincións, procederase a elección do novo Presidente Provincial. Será unha votación en segredo e en urna por parte dos 25 Deputados Provinciais. Tras o escrutino dos votos, proclamarase ao novo Presidente da Deputación de Lugo.
O Presidente electo xurará ou prometerá o cargo e recibirá os atributos correspondentes: o Bastón de Mando, a Medalla da Presidencia, a Insignia de Ouro da Provincia e o Diploma Acreditativo. O Presidente ocupará entón o seu posto na Mesa Presidencial e fará a súa intervención.

A continuación, todos os membros da Corporación Provincial asinarán no Libro de Ouro da Deputación de Lugo.
Logo, os restantes 24 Deputados tamén recibirán os atributos representativos, que neste caso son a Medalla, a Insignia de Ouro da Provincia e o Diploma Acreditativo.

O acto rematará cunha foto de familia no Paraninfo e no patio exterior do Pazo Provincial.

Exit mobile version