Este xoves 4 de xuño, enmarcada na programación das festas patronais de Burela, o Club de Karate Shitokai A Mariña realizará unha exhibición de Karate, Kobudo e NTJ no polideportivo Vista Alegre a partir das 16.45 horas. Participan 60 karatekas das localidades de Tapia, Ribadeo, Foz, Burela e San Cibrao dirixidos polo Maestro Adestrador Nacional Julián Martín.