Numerosos rapaces/as achégaronse á cita futboleira para pasar unha entretida tarde lúdico-deportiva, afinando pase, regate e gol. Os pequenos/as dispuxeron de dúas pistas inchables e unha portería xigante compartindo habilidades con algúns xogadores laranxas de Primeira División, como o capitán Iago Míguez ou os prometedores Hélder, Erik ou Renato. Tamén participaron na xornada o secretario técnico do club burelista, Juanma Marrube, e os adestradores Juanlu e Neco, ademais do profesorado da ED Burela FS.