Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece o condutor dun vehículo tras saírse da vía en Xove

Unha persoa faleceu na noite deste mércores tras saírse da vía co vehículo que conducía cando circulaba pola estrada que une os lugares de Penas Agudas e Lago, no concello de Xove.

O falecido, único ocupante do turismo, tivo que ser excarcerado polos efectivos do GES de Cervo tras quedar atrapado no interior do turismo que, ademais, envorcara. Un particular alertou ao 112 Galicia ao fío das 23.00 horas e, de seguido, informouse a Urxencias Médicas, Bombeiros de Viveiro, GES de Cervo, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Viveiro e Xove.

Exit mobile version