Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle a partir do día 6 de xullo unha nova edición das Noites Alternativas organizadas polo Concello

Sin título-1Foz, 29 de xuño de 2015.- O Concello de Foz, a través do departamento municipal de Xuventude e Deportes, organiza unha nova edición da actividade denominada Noites Alternativas, que comezará o vindeiro luns 6 de xullo.

Dende a organización explicaron que “durante os meses de xullo e agosto os rapaces e rapazas maiores de 10 anos poderán practicar deportes como fútbol sala, fútbol praia, volei praia e baloncesto en horario de dez da noite a 1:30 horas da madrugada. A modalidade continúa sendo a de torneo e cada semana coñeceremos aos equipos gañadores de cada especialidade segundo a súa idade. A inscrición, que é gratuíta, realizarase o día de comezo cada unha das actividades”.

As actividades de fútbol sala e de baloncesto desenvolveranse no Campo da Cabana e as de volei praia e fútbol praia serán no areal da Rapadoira.

Exit mobile version