Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz Plataforma de Futuro organiza o seu primeiro congreso tras rexeitar formar parte do goberno municipal

“Foz,Plataforma de Futuro” ven de celebrar este xoves unha asamblea de seguidores no seu local social.
Sobre a mesa estaban varios puntos de interese que se debatiron e se aprobaron.

O primeiro que transmitimos á Asamblea, foi a información sobre a reunión que en días pasados mantivemos co Alcalde de Foz e mais o seu Concelleiro Pedro Manín, unha reunión moi cordial, dialogante e aberta, na que temos que dicir que estivemos moi agusto e onde se puxeron enriba da mesa varias das cousas importantes que hai que sacar adiante nesta lexislatura. Queremos agradecer publicamente a actitude desta reunión e pensamos que ese é o camiño para, nun futuro, chegar a acordos que beneficien ós nosos veciños e veciñas.

A continuación debatemos a oferta do PP de Foz e, en concreto, a do Alcalde de Foz sobre o ofrecemento a entrar nun posible goberno municipal. Sobre este punto decideuse que “Foz, Plataforma de Futuro” non vai a entrar no goberno municipal do PP de Foz. Entendemos que hai cousas nas que si coincidimos que debemos sacar adiante co maior consenso posible, e nós polo beneficio dos veciños e veciñas do noso Concello intentaremos axudar a sacar adiante todas esas cousas puntuais depois de estudialas en profundidade cos respectivos técnicos e persoas implicadas. Hai distintos puntos nos que estamos dacordo, pero entendemos que o PP ten suficientes concelleiros para traballar por e para Foz nestes momentos.

“Foz, Plataforma de Futuro” temos un programa electoral que durante estes vindeiros catro anos vamos intentar desenvolver dende a oposición, unha oposición que vamos a facer responsable e constructiva, pero tamén de control do goberno e vixiante. Estamos abertos ó diálogo con todas as forzas políticas en beneficio dos veciños e veciñas do noso Concello. Entendemos que estes vindeiros catro anos Foz ten que avanzar, olvidarnos do pasado e pensar sempre no futuro. Empezamos un tempo novo e non vamos defraudar ós nosos votantes. Traballaremos en dar voz ós nosos veciños,que as decisións importantes as tomemos entre todos,que Foz se goberne dende Foz, traballaremos en buscar solucións ó paro, en que a xente máis necesitada do noso Concello sexan as persoas máis protexidas, nas melloras sociais, en potenciar o turismo do noso Concello, traballaremos por mellorar e incrementar os servicios do noso centro de saúde, os servicios públicos e un sinfín de cousas que iremos levando adiante sen pausa.

Outro dos puntos importantes da xuntanza deste xoves foi a posta en marcha tamén do grupo de persoas que van a ser as encargadas de levar adiante o I Congreso de “Foz, Plataforma de Futuro”, este Congreso que se celebrará nos vindeiros meses será clave para a organización interna desta Plataforma, nese veindeiro Congreso debatirase o programa marco que rexirá a Plataforma nestes vindeiros catro anos e nese Congreso elexirase a comisión executiva que dirixirá “Foz, Plataforma de Futuro” con distintos cargos orgánicos que serán os encargados de levar a cabo distintas iniciativas e o funcionamento orgánico da Plataforma. Nesa comisión executiva non estará ningún dos tres Concelleiros electos, cumprindo co compromiso de: unha persoa, un cargo.

“Foz, Plataforma de Futuro” viñemos para quedarnos e loitar por mellorar as condicións de vida dos nosos veciños, e así o vamos a facer.

Exit mobile version