Entre os cursos desenvolvidos durante a 8º edición do Programa formativo “Fraga das Saímas” caben destacar a IIª edición das Xornadas Micolóxicas e o Iº Obradoiro de Plantas mediciñais, aromáticas e comestibles impartidas por A Estruga. Asimesmo, esta edición volveu contar cun taller de manualidades, cuxas alumnas, da man da súa monitora Mercedes, continuan a sorprendernos coa súa creatividade, interese e constancia.
As alumnas, logo de disfrutar dun exquisito xantar no chiringuito de Abrela, pasear polo extenso areal branco e fino da praia de Abrela e compartir tempo de anécdotas e divertimento durante unha tarde de sol e bo humor, puxeron a guinda a esta xornada lúdica e de convivencia visitando O Naseiro e a súa contorna.
Antes de dar por rematada a celebración a Presidenta da asociación, Flor Chao, agradeceu a todas as alumnas a súa participación e contribución ao éxito do Programa anual Socio-Formativo da Fraga das Saímas e convidounas a participar na celebración do Día da Socia (sábado 1 de agosto), que se desenvolverá, un ano máis, no refuxio do Curro do Candaoso, e durante a cal as sócias e convidados poderán disfrutar, entre outras actividades e sorpresas, de sesión vermut e de sesión de baile de tarde-noite coa música do Dúo Suso e a súa DK móvil.