Site icon Crónica3.com A Mariña

García Rivera presenta o seu libro polas parroquias de Foz

O libro Campos de Xan Amor, do ex alcalde de Foz, José María García Rivera, será presentado nas parroquias do medio rural focense polo propio autor que ofrecerá unha charla sobre o traballo elaborado. A primeira fase da presentación achegarase ó Centro Social de Santa Cecilia o venres 26 de xuño ás 21.15 horas, á Escola de Cordido o sábado 27 ás 19.00 horas, ó Centro Social O Castro de Vilaronte o sábado 27 ás 21.00 horas e ó Centro Social de Cangas o domingo 28 de xuño ás 19.00 horas. Durante a presentación tamén se pode adquirir o libro por un prezo de 12 euros dos que unha parte se entregará a unha asociación para a investigación dunha grave enfermidade infantil.

Exit mobile version