Site icon Crónica3.com A Mariña

Germán Campos e Manolo Vilachá seguirán un ano máis como adestradores do Ribadeo FC

O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, confirmaba esta fin de semana a renovación de Manuel Castro (Vilachá) e Germán Campos á fronte do banquiño celeste unha temporada máis.

O tándem que levou ó equipo a conseguir o mellor resultado nos seus preto de 102 anos de historia, repetirá adestrando ao Ribadeo FC durante a vindeira temporada 15/16 co obxectivo da salvación.

Asemblea Xeral Ordinaria
O vindeiro xoves 4 de xuño celebrarase a asemblea xeral ordinaria no salón de actos da Casa Sindical en primeira convocatoria ás 19.30 horas e ás 20.00 horas en segundo.

A orde do día recolle a lectura e aprobación da acta da anterior asemblea, informe deportivo e social do club, o informe económico da temporada 14/15 e a o orzamento para a temporada 15/16; ademais de rogos e preguntas.

Exit mobile version