Site icon Crónica3.com A Mariña

II Bonitada Branquiazul da Peña Deportivista de Burela, o sábado 27

II BONITADA PEÑA BURELABurela, 23 de xuño de 2015.- Este sábado 27 de xuño, a partir das 14:30 horas, a Peña Deportivista de Burela celebra a segunda degustación do produto máis tradicional da vila, o Príncipe Azul ou Bonito do Norte, no Restaurante A Lonxa de Burela.

O menú consistirá en entrantes de cebiche e bonito en rolo, un primeiro prato de marmitako, e un segundo de bonito “A Lonxa”. Postre caseiro, café e choupelo, todo acompañado de Albariño e Rioxa.

O prezo será de 5 euros para socios e 25 para non socios, e a inscrición pode facerse no correo deportivistaburela@hotmail.com, a través de mensaxe privada en Facebook, ou no teléfono 669381643 (Patxeko).

Desde a Peña Deportivista de Burela tamén animan ás diferentes peñas que queiran acudir a poñerse en contacto con eles, e a ún dos pratos convidaranos gratuitamente.

Exit mobile version