Site icon Crónica3.com A Mariña

Ilusionismo no Camiño en Barreiros

ilusionista1Un centenar de persoas gozaron este domingo 31 de maio en Barreiros co espectáculo “Historias dun ilusionista” do Mago Rafa, un artista polifacético que mesturou humor e maxia con diferentes formas de comunicación. O público participou no escenario nalgúns dos trucos realizados polo Mago Rafa. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro encheuse para disfrutar con esta actuación incluída no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Exit mobile version