Site icon Crónica3.com A Mariña

Imdecum impulsa o terceira campus ‘Máis que fútbol’ en Burela

pres-iiicampus-imdecumVenres, 26 de xuño. Imdecum presentou este venres a terceira edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela. O complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic entre o 13 e o 18 de xullo, acolleu o acto; xunto ao presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do campus, Juanma Marrube, tamén participaron, como colaboradores na organización da cita futbolística, o directivo da AFD Porto de Burela, Alberto Rega Río, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais do edil Ramiro Fernández.

Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 6 e 15 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro…, torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e visitas de interese.

O clínic tamén conta co apoio do CD Burela FS Pescados Rubén e Gadis.

Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto ata o mércores 8 de xullo. O prezo por alumn@ será de 130 euros (110 € para AFD Porto de Burela e ED Burela FS), incluíndo actividades en xornada de mañá (10.00-14.00) e tarde (17.00-20.00) e aperitivo de media mañá e merenda. As familias que apunten máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula. Banco Santander: ES 57 0049 0541 2722 10445391

Axenda estival
Estreándose na organización de Máis que Fútbol de Fútbol de Burela, Imdecum ofrecerá tres campus ao longo do mes de xullo. Abrirá a súa xira formativa do verán 2015 o día 7 co I Campus de Fútbol Sala Base da Fonsagrada, ata o sábado 11, e entre o 20 e 25 de xullo trasladarase a Asturias para o II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Cangas del Narcea.

Exit mobile version