Xa podes adquirir a tarxeta ‘Regáloche este Campus’ para que o nen@ a reciba no seu domicilio.
Na cita, destinada a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, o alumnado terá a oportunidade de profundar no coñecemento do fútbol sala ao longo de 5 intensas xornadas, coa participación de adestradores e xogadores/as de Primeira División; os nenos/as compartirán a pista con algunhas das referencias da máxima categoría do futsal en España pero tamén descubrirán moitas das experiencias e anécdotas. Haberá tempo para a aprendizaxe e a diversión arredor do esférico, ademais de entretidas xornadas con actividades lúdico-recreativas, achegamento a outros deportes, obradoiros de manualidades e visitas para deleitarse do paradisíaco contorno natural da zona.
Matrícula
O prezo por alumn@ será de 60 euros, incluíndo actividades en xornada de mañá e tarde, servizo de fisioterapia e aperitivo de media mañá e merenda; os rapaces/as tamén terán a posibilidade de quedar a comer a mediodía se así o desexan. O prazo estará aberto ata o venres 3 xullo.
Máis información en:
deportes@fonsagrada.org
www.imdecum.com
campusmixtofutbolsala@gmail.com