Site icon Crónica3.com A Mariña

Imputado como presunto autor de dous incendios forestais en Riotorto

Axentes da Policía Autonómica en Lugo imputan a un veciño de Riotorto, en Lugo, como presunto autor de dous incendios forestais no dito concello. Tanto na extinción como na investigación dos lumes, a policía contou coa colaboración dos axentes da Brigada do Distrito Forestal de Terra Chá.

Os incendios que se lle imputan tiveron lugar o pasado 12 de abril e o 19 de setembro de 2014 na Parroquia de Santa María de Meilán como consecuencia de dúas queimas agrícolas neglixentes, nas que non se tomaron ningún tipo de medida de seguridade.

As lapas afectaron a unha superficie de 1.700 metros cadrados de arborado e 100 metros de superficie rasa. Na extinción do incendio de setembro de 2014 interviron un axente e unha brigada forestal e no de abril deste ano unha brigada forestal e unha motobomba.

As dilixencias entregáronse no Xulgado de garda de Mondoñedo. No que vai de ano, xa son 19 as persoas imputadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes nos montes galegos.

Exit mobile version