Site icon Crónica3.com A Mariña

IV Encontro Orquestral en Xove

CURSO DE FORMACIÓN ORQUESTRAL (2)Xove, 29 de xuño de 2015.- O pasado sábado 27 de xuño, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos un Concerto correspondente ao IV Encontro Orquestral, no que participaron alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove, Ribadeo, Burela e Mondoñedo, e tamén do Centro de Música Fingoi.

No Concerto, que protagonizaron conxuntamente os alumnos/as dos citados centro musicais, baixo a batuta de Xan Carballal, interpretaron pezas de S. Nelson, Bela Bartok e Mozart.

Exit mobile version