Ribadeo, 14 de xuño de 2015.- Juan Luis Gómez del Río, atleta do Club Atletismo Ribadeo, participou este domingo 14/06/2015 no Campionato Galego de Veteráns ao Aire Libre celebrado no Barco de Valdeorras en dúas especialidades; nos 800m.Lisos e nos 5000m., con rotundo éxito.
Juan Luis participou en primer lugar nos 800m.Lisos proclamándose Subcampión Galego (medalla de prata),cun tempo de 2’27”; umha hora despois participou nos 5000m. acadando ser o novo Campión Galego (medalla de ouro) da distancia, cun tempo de 18’00”.
O debút de Juan Luis na competición federada foi excepcional, acadando ser CAMPIÓN PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS M50, CAMPIÓN GALEGO DE 3000M. M50 EN PISTA CUBERTA, SUBCAMPIÓN DE 800M.LISOS M50 E CAMPIÓN GALEGO DE 5000M. M50 EN PISTA AO AIRE LIBRE; ademáis de participar en numerosas carreiras populares nas que sempre acadou podiúns na súa categoría.