Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Martínez impónse a Juan Carlos González Santín na votación de deputados socialistas do partido xudicial de Lugo

martinez-gonzalez santinOs 96 concelleiros electos socialistas polo partido xudicial de Lugo participaron este xoves nunha votación para elixir entre as dúas listas presentadas con candidatos a deputados provinciais.

A encabezada polo actual voceiro provincial e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, obtivo 59 votos fronte ós 37 da encabezada polo secretario provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín.

Deste xeito, Manuel Martínez impónse como candidato á presidencia da Deputación tras lograr máis apoios á súa lista que se completa no partido xudicial de Lugo con Pablo Rivera Capón, Álvaro Santos, Juan Carlos González Santín e Sonsoles López Izquierdo.

Exit mobile version