Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro agradece a implicación de veciños e visitantes na celebración do Corpus Christi viveirense

“Como alcaldesa, quero agradecer publicamente á Cofradía da Santa Cruz e aos viveirenses polo seu traballo e implicación na celebración do Corpus Christi”, asegura María Loureiro a través dunha nota de prensa.

As rúas do casco histórico de Viveiro ameceron o pasado domingo engalanadas con preciosas florais sobre as que discorreu a procesión ante a atenta mirada de numerosos veciños e visitantes que quixeron disfrutar desta festividade, un atractivo máis do noso municipio no que, unha vez máis, soubemos conxugar tradición, relixión, cultura e turismo.

Cómpre valorar e destacar, neste sentido, todo o traballo realizado, unha gran labor que comeza nas semanas previas, preparando deseños e materiais, e que conclúe coa elaboración das alfombras; o pasado domingo, a pesar das inclemencias meteorolóxicas que complicaron enormemente a realización das alfombras, a dedicación, entusiasmo, esforzo e entrega de todos os membros que participaron na súa confección conseguiron que a celebración do Corpus Christi fose un éxito. Grazas a todos.

Exit mobile version