Site icon Crónica3.com A Mariña

MariñaPatrimonio organiza un roteiro pola fraga das Vigas

MariñaPatrimonio retoma os roteiros polas fragas da nosa contorna dentro da campaña Cousa de Raíces, promovida por ADEGA, para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono.

O próximo 5 de xullo, domingo, imos facer un fermoso percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín; trátase da Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle.

O roteiro, de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 8 – 10 km, ten un atractivo engadido pola coincidencia coa colleita de arandos deste ano. Ao longo desta camiñata ímonos atopar con abondosas arandeiras , que nos permitirán gozar dos seus gorentosos froitos.

O punto de encontro será no Frenazo, en Alfoz, ás 10.30 horas. Dende alí, organizarémonos para levar os menos coches posibles até a Fraga Vella, onde arrancará a camiñata. Os/as participantes neste roteiro levarán a súa comida e o regreso será a media tarde. O prezo da actividade é de 3 € para os/as socios/as e de 5 € para os/as non socios/as.

Para máis información e para apuntarse contactar no teléfono 619 553 236 ou no correo mr.patrimonio@gmail.com.

Exit mobile version