Trátase do remate do 1º Obradoiro de Harmonización Corporal para Mulleres que se desenvolveu durante os meses de marzo e abril de 2015, na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude”.
Está destinada a toda a familia e a todos aqueles que desexen pasar unha xornada saudable ao aire libre.
Este é unha oportunidade para as persoas interesadas en participar na próxima edición comprobaren os seus beneficios. Nesa actividade no forte traballarase a corrección postural de cabeza, ombros e pelve .
Esta actividade vai dirixida á poboación en xeral, podendo participar menores sempre que vaian acompañados por un titor responsable.
A xornada dará comezo ás 10:30 horas no Cantón dos Moreno, para saír camiñando ata o Cargadeiro. Alí terá lugar a clase de 11:15 a 12:15 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse na Casa da Xuventude, sita na Rúa Antonio Otero, 15 de Ribadeo.Telefono: 982 129 889. O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de xuño.