Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés impulsa unha conferencia sobre arqueoloxía submariña en Mañón

Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza
unha conferencia con audiovisuais para o sábado 4 de xullo.

A devandita conferencia correrá a cargo de David Fernández Abella,
arqueólogo de pé e de aleta, fundador da empresa “Argos”, dedicada a
realizar proxectos e intervencións tanto no ámbito terrestre como
subacuático, que ten mergullado unha boa parte do mar costeiro de Galiza na
procura de restos arqueolóxicos.

Será no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, no Barqueiro, e a
partir das 20.00 horas baixo o título: “Da Ragazzona ó pecio de Xove:
arqueoloxía subacuática do norte de Galiza”

Exit mobile version