Site icon Crónica3.com A Mariña

Faro Norte Comunicación editará unha publicación similar ás de comezos do século XX con motivo da II Festa Indiana de Ribadeo

Ribadeo, 25 de xuño de 2015.- Con motivo da II Festa Indiana, que se celebrará en Ribadeo do 10 ao 12 de xullo, Faro Norte Comunicación vai editar unha publicación similar aos xornais que había a comezos do século XX: en branco e negro e co deseño, as tipografías, o estilo e o tipo de anuncios que había naquela época. Pero os artigos e a publicidade serán actuais, para o que os promotores desta iniciativa contan coa colaboración de escritores e empresas locais, ademais do apoio de institucións.

A idea de levar a cabo esta publicación partiu do ribadense Xusto García, que ademais se encarga do deseño e a maquetación, mentres que da coordinación e da xestión publicitaria se ocupan Carmen Cruzado e Beni Mántaras.
Editaranse 3.000 exemplares que se repartirán gratuitamente durante a Festa Indiana nos establecementos que colaboran na publicación e tamén en librarías e puntos de venda de prensa de Ribadeo. Ademais haberá unha persoa caracterizada como repartidor de xornais da época entregando os exemplares polas rúas ribadenses aos veciños e aos numerosos visitantes que se esperan para eses días.

Exit mobile version