Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova representación teatral en Barreiros

O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas. Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices. A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015 da Xunta.

Exit mobile version