Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz destaca a ampla oferta cultural e festiva que terá o municipio nesta tempada estival grazas ao traballo de numerosos colectivos e do propio Concello

cartel_vrao_4_redFoz, 25 de xuño de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a ampla e variada oferta cultural, festiva e de ocio que terá o municipio nesta tempada estival grazas ao traballo de numerosos colectivos locais e do propio Concello. Entre as actividades previstas está o festival Vrao, que se celebrará os días 10 e 11 de xullo e o programa foi presentado este xoves.

O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz queremos agradecer á asociación Ó! Cultural a organización da segunda edición do festival Vrao, de Foz, os días 10 e 11 de xullo. Entrará dentro do programa das festas do Carme e dentro da programación do verán, na que colabora e organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Cultura. É unha alternativa máis de música, apartado no que se empezará xa nos primeiros días de xullo cos festivais de música galega e tamén outros nos que o Concello patrocina ou coordina a outras asociacións, como poden ser o HellFoz, o Tentacle ou outro tipo de festivais de música como o Sons na Rúa e tamén os festivais folclóricos, dous deles importantes, como os que fan O Feitizo e A Subela”.

Javier Castiñeira destacou que “haberá moita actividade durante este verán con moitas alternativas para diferentes públicos e proba disto é este festival de Ó! Cultural que nosoutros apoiamos e que cremos que vai ser, como o ano pasado, un éxito seguro, posto que leva ás rúas a música moderna de compositores e grupos galegos novos; e polo tanto é unha alternativa que hai que apoiar dende o Concello”.

Exit mobile version