Site icon Crónica3.com A Mariña

O auditorio mindoniense acolle este xoves o concerto fin de curso da Escola Municipal de Música

Mondoñedo, 17 de xuño de 2015- O auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo acollerá este xoves o concerto fin de curso da Escola Municipal de Música “O Pallarego”.

O recital dos alumnos da Escola Municipal de Música celebrarase ás 20.30 horas e estará aberto ao público en xeral.

Mentres, tamén mañá xoves, pero en horario de mañá (10.15 horas); a Escola Municipal de Música ofrecerá outro concerto didáctico no Auditorio Pascual Veiga ao que asistirán os pequenos do colexio público Álvaro Cunqueiro Mora.

Como responsable da concellería da que depende a Escola Municipal de Música; o edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, salienta a súa boa disposición para seguir apoiando este tipo de iniciativas da Escola de Música e lembra que a música sempre estivo moi presente na idiosincrasia mindoniense.

Exit mobile version