O deterioro do edificio é “inexplicable”, -tal e como se observa nas imaxes que se adxuntan-, con rotura incluso da tarima do chan. “A imaxe que ofrece hoxe en día esta infraestrutura asusta”, reitera a popular, “froito dun total abandono e despreocupación do anterior equipo de goberno integrado por socialistas e nacionalistas”.
A alcaldesa lembra que os socialistas e nacionalistas recibiron no 2007 este edificio “funcionando para despois deixalo abandonado ata o punto de presentar o estado que hoxe en día ofrece e que imposibilita a súa apertura”. Mentres eles colleron un servizo en funcionamento, a nos deixáronnolo nun estado lamentable”
Polo tanto, Candia conclúe ao asegurar que o equipo de goberno vese imposibilitado para ofrecer este servizo de bar aos usuarios das piscinas polo “abandono” no que se atopa a infraestrutura local tras a xestión de socialistas e nacionalistas. “O pouco prazo de tempo ao atoparnos no mes de xuño impídenos ofrecer este servizo durante este verán, pero traballaremos para a súa futura posta en marcha”.