Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCH de Viveiro segue a repartir premios entre os clientes dos “Juepeos”

Viveiro, 1 de xuño de 2015.- Unha vez finalizado o “Juepeo” (xoves de tapeo) do mes de maio, entre todas as papeletas que os clientes foron cubrindo ao probar as tapas, realizouse o sorteo de 200 € en vales de consumición. Os agraciados foron:

Cun premio de 100 € Adrian Novas cunha papeleta cuberta en Casa Pepi.
Con 50 € Ana Basanta cunha papeleta cuberta no Canto do Tronco.
Con outros 50 € Mª Rita Cao cunha papeleta cuberta en Mesón O Recuncho.

Poderán gastar o seu premio durante todo o mes de Xuño nos locais participantes na campaña, que son un total de 10.

Este xoves iníciase o Juepeo do mes de Xuño, no que poderá gañar ao igual que en maio un total de 200 € en vales de consumición, repartidos de igual modo nun premio de 100 € e 2 de 50 €.
Este primeiro xoves do mes de xuño as tapas son:
1.- Mesón A Baiuca.- con Fajita Baiuca.
2.- Mesón A Praciña.- Con Rolo Brazo Xitano.
3.- Belle Epoque. – con Tres Delicias.
4.- Mesón Imperial. – con Espetos de polo con piña.
5.- Bar La Plata. – con Bolo Sorpresa.
6.- Rest. Casa Pepi.- con Filloa de cogomelos e porro en salsa carbonar.
7.- Bar Normandy.- Espeto de polbo con gambas.
8.- Mesón O Recuncho.- Pincho moruno con pementos.
9.- O Canto do Tronco. – Menú do Día (1º+2º Prato + Sobremesa)
10.- Asador La Quinta. – Tosta de brandada de bacallau con asado de pemento morrón.

Tanto a organización coma os locais participantes están moi satisfeitos co funcionamento desta campaña e a boa acollida que tivo entre os clientes, chegando a servirse no mes de maio case 3.300 tapas.

Exit mobile version