Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorteo de 500 euros en vales de compra do CC Aberto de Foz na segunda Festa Vintage

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteou 500 euros en vales de compra durante a segunda Festa Vintage, que se celebrou o pasado fin de semana. Os números afortunados foron: 0120, 1200, 2520, 3021 e 0907. Os portadores de cada unha desas papeletas recibirán 100 en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao longo das vindeiras semanas. Segundo explican desde o CCA de Foz “os premiados o único que teñen que facer é poñerse en contacto coa nosa oficina no seguinte número de teléfono: 982 132 751”.

Exit mobile version