Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colexio Martínez Otero de Foz, galardoado coa Distinción ao Mérito Deportivo 2015 da Xunta de Galicia

Foz, 24 de xuño de 2015.- Este martes día 23 a través do teléfono recibíase no Colexio Martínez Otero de Foz a grata noticia da concesión deste importante galardón do Deporte Galego.

Como adoita acontecer neste tipo de galardóns, o colexio nada sabía nin sequera da súa nominación, que partía, a principios desta tempada desde o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

O Xurado avaliador tivo a ben conceder este premio en atención á traxectoria deportiva do Colexio ao longo de moitos anos de promoción do deporte de base en múltiples modalidades; o colexio non deixou de estar presente en ningún momento en competicións e programas deportivos da Xunta de Galicia desde os seus inicios.

Chega o galardón, ademais, nun ano moi especial para o centro, a celebración do 75 aniversario da súa fundación, seguramente este feito condicionou, dalgún xeito, a súa nominación por parte do Servizo Provincial de Deportes.

Exit mobile version