Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela amplía o número de grupos nas actividades de verán para nen@s

Con motivo do gran número de solicitudes que se recolleron para poder participar nas actividades de cara ó verán (patinaxe, multideporte, xogos na praia) pola concellería de Deportes do Concello de Burela, foi ampliado o número de grupos co fin de tentar que poidan participar o maior número posible de nenos e nenas nestas actividades.

A ampliación de grupos vai supor que os horarios se vexan afectados por algúns cambios; pero, dende a Concellería, “entendemos que debemos facer un esforzo entre todos para evitar na medida do posible que queden excluidos de poder participar nestas actividades o menor número posible de nenos e nenas”.

Novos horarios:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
GRUPO I
(10.15-11.30) PATINAXE MULTIDEPORTE XOGOS NA PRAIA PATINAXE XOGOS NA PRAIA

GRUPO II
(11.30 – 12.45) PATINAXE MULTIDEPORTE XOGOS NA PRAIA PATINAXE XOGOS NA PRAIA

GRUPO III
(12.45 – 14.00) PATINAXE MULTIDEPORTE XOGOS NA PRAIA PATINAXE XOGOS NA PRAIA

Exit mobile version