Dende a Delegación Municipal del Xuventude anunciaron hoxe que “o Concello de Foz programa actividades para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos para as mañás dos meses de xullo e agosto, en horario de 11 a 13 horas. Combinaranse actividades deportivas, medioambientais, formativas, de praia, etcétera, que farán que o verán sexa entretido e divertido para todos/as os/as participantes”.
Tamén explicaron que “o custo destas actividades é de 10 euros ao mes, podendo inscribirse para un mes ou para os dous. As persoas interesadas poderán apuntarse a partir do día 24 deste mes de xuño na Casa da Xuventude. A presentación para as persoas inscritas celebrarase o día 3 de xullo ás 11 da mañá na Casa da Xuventude e as actividades darán comezo o día 6 de xullo”.