Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá abriu o prazo de solicitude de permisos para celebrar as fogueiras de San Xoán e San Pedro, que remata o 19 deste mes

Lourenzá, 5 de xuño de 2015.- O Concello de Lourenzá abriu o prazo de solicitude de permisos para celebrar as tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro, período que remata o día 19 deste mes.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público este venres, explica que cada fogueira deberá ter un ou varios responsables que terán que solicitar o permiso para a mesma nas oficinas municipais.

Ademais dispón a adopción de varias medidas precautorias de obrigado cumprimento para favorecer a celebración das fogueiras nunhas condicións de seguridade axeitadas.

Exit mobile version