Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá convoca 8 postos de traballo para a prevención e defensa contra incendios forestais

Lourenzá, 26 de xuño de 2015. O Concello de Lourenzá convoca oito postos de traballo para a prevención e defensa contra os incendios forestais. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explicou que “o Concello de Lourenzá, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade local de Lourenzá para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 207-2013, convoca os seguintes postos de traballo: tres condutores/as de camión motobomba, durante 2,5 meses; un xefe/a de brigada (encargado ou capataz forestal, técnico en prevención de incendios), durante 3 meses; un peón condutor, que será traballador de retén de incendios e debe ter carné de conducir, tamén por tres meses; e tres peóns, polo mesmo período de tres meses”.

Rocío López engadiu que para estes postos de traballo “presentarase oferta de emprego ao INEM de Mondoñedo, polo que é requisito indispensable estar anotado na oficina de emprego na categoría correspondente antes do vindeiro venres, 3 de xullo de 2015”.

Plan Renove de fiestras
Por outra parte, a alcaldesa tamén anunciou que a Oficina Municipal de Rehabilitación de Vilanova de Lourenzá comunica que hoxe o DOG publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras. Os interesados poden obter máis información nas oficinas municipais, de 8 a 14 horas, ou premendo na seguinte ligazón:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.html

Exit mobile version