Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo convoca aos veciños afectados para informalos da diminución na presión da auga que sufrirán de noite mentres se enchen as piscinas municipais

Mondoñedo, 28 de xuño de 2015.- O Concello de Mondoñedo emitiu unha nota informativa para informar aos veciños de Viñas da Veiga, Avenida de Bos Aires, Avenida Eladio Lorenzo, San Lázaro, O Coto, Viloalle e Marquide de que sufrirán unha diminución puntual na presión da auga derivada no proceso de encher as piscinas municipais.

Dende a administración local explican que esta diminución da presión da auga darase entre os días 28 de xuño e 5 de xullo, dende as 12:00 horas da noite ata as 8:00 horas da mañá.

O novo goberno local lembra que se trata dun problema herdado do bipartito (PSOE e BNG) e que, só a quince días da toma de posesión, están a traballar para resolvelo.

Neste senso, o goberno local pide desculpas polas molestias que se podan ocasionar a facilita como contacto o número de teléfono 676 787 300; a través do que solicitan que se lles informe en caso de que algún edificio quedara sen o servizo de auga.

Así, o Concello de Mondoñedo convida aos veciños afectados polos problemas de auga da zona a asistir á reunión prevista para o luns 29 de xuño, ás 20:30 horas, diante do edificio Viñas da Veiga (número 49, BII). De igual maneira, desprazaranse tamén aos outros barrios e parroquias.

Exit mobile version