Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro achega preto de 85.000 euros para a rexeneración do parque ambiental de Parquemar

A alcaldesa de Viveiro en funcións, María Loureiro García, e o representante da empresa Oziona Soluciones de Entretenimiento SL asinaron este luns 1 de xuño o contrato para a execución da obra denominada “Rexeneración do parque ambiental de Parquemar”, que conta cun importe de 84.848,48 € e cun prazo de execución de 20 días. Segundo o previsto, as obras iniciaranse na segunda quincena deste mes e, deste xeito, o parque estaría rematado a principios de xullo.

Esta obra permitirá rexenerar o parque ambiental de Parquemar para transformalo nun aula didáctica medioambiental ao aire libre que permita sensibilizar á poboación infantil sobre a necesidade de manter e protexer o noso ecosistema; contribuír á mellora da calidade de vida dos cidadáns e embelecer a aumentar a calidade medio ambiental desta zona de esparcimento tan concorrida pola poboación.

As obras que se pretenden realizar consisten en:
– Reformar e modernizar o parque infantil existente para que funcione como elemento dinamizador e punto de atracción da poboación infantil
– Dotar o parque de paneis didácticos medio ambientais que permitirán, dada a súa integración dentro dos elementos de xogo do parque, transmitir aos neneos a singularidade do ecosistema da praia de Covas, cómo funciona e cáles son as claves para o seu mantemento e preservación.

Exit mobile version