Site icon Crónica3.com A Mariña

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro volta a sair a rúa

Viveiro, 27 de xuño de 2015.- Como remate oficial do curso acádemico 2014-2015, por parte do Conservatorio e Concello de Viveiro a través da Concellería de Educación, organízase un concerto na praza da Fontenova, o vindeiro Martes día 30 de Xuño ás 19.00h. A intención destes concertos e retomar a música na rúa é abrir as actividades do conservatorio, e achegar á cidadanía o traballo desenrolado tanto por parte dos alumnos como dos profesores que os dirixen, e así mesmo dar un ambiente as rúas, con esta cercanía.

Participarán Combos de Pop-Rock da Aula de Conxunto Instrumental, que interpretarán varias versións de cancións clásicas dos anos 70 e 80, e tamén algunha mas moderna: Sting, Aretha Franklin, Los Romeos, M-Clan, Adele, etc.

Os grupos están formados por alumnos do Grado Profesional de tódalas idades, contando coa colaboración especial de Marián Cazás y Mar Yáñez á voz solista. Dirixe estes grupos o profesor Juanjo Martínez Casteleiro.

Dende o Concello de Viveiro e a Concellería de Educación agraceden á Dirección, profesores e alumnos do Conservatorio a colaboración e participación desinteresada nestes eventos, asi como tamén o departamento de obras.

Exit mobile version