Realmente tíñano difícil os pequenos, xa que se tiveron que levantar ás 7,00 da mañá para desprazarse a Ourense e logo disputar tres encontros contra o mellorciño de Galicia. A pesar de todo, lograron gañar un cuarto ao equipo anfitrión, no que xa de por si era todo un logro, que era o feito de clasificarse para os galegos e proclamarse campións de provinciais.
O equipo que se desprazou a Ourense estaba formado por: Óscar, Yotuel, Ralphy, Nico, Jorge, Ramón, Antonio, Xosé, Valeria e David; acompañados dos seus adestradores Isma e Julio Docampo.